paxinas

viernes, septiembre 23, 2011

Sam Burke e Maximilian Williams únense ao catálogo

imaxe S&T

Seguramente os nomes de Sam Burke e Maximilian Steven Percival Williams III non vos din nada, pero se falamos dos detectives Sam e Twitch creados por Todd McFarlane para a súa serie franquía SPAWN a cousa cambia.

O acordo entre CERDITOS DE GUINEA e TODD MCFARLANE PRODUCTIONS deixaranos desfrutar en galego dunha das mellores series de xénero policial escrita polo actual cerebro do universo MARVEL.

O arco argumental elixido é UDAKU, e comprende os 8 primeiros números USA, debuxados por Angel Medina e con guión de Brian Michael Bendis. A serie foi publicada en USA entre agosto do 1999 e marzo do 2000.

SAM E TWITCH seguiu as súas andanzas ata os 26 números, pero os retrasos nas entregas e o descenso das vendas fixeron que terminaran cancelándola. Unha das características principais da serie é a súa temática escura e realista, deixando de lado o clásico argumento dos superheroes e viláns.

A serie destacaba polos seus arcos argumentais longos, xa que nos 26 números só desenvolveron 4 historias, a xa mencionada UDAKU, WITCHCRAFT, BOUNTY HUNTER WARS e THE JOHN DOE AFFAIR (onde McFarlane recolle o testemuño de Bendis ao guión).

Un par de meses despois McFarlane relanzou a serie baixo o título CASE FILES: SAM & TWITCH, pero o novo estilo gráfico e as tramas de Marc Andreyko distanciaronse por completo do universo SPAWN que desprendían os primeiros números da serie e cancelouse aos 25 episodios.

O ano pasado, a miniserie de 4 números THE WRITER devolveu os nosos protagonistas á actualidade grazas a Luca Blengino e Luca Erbetta.

E por se tiñades curiosidade, a imaxe de arriba corresponde aos bonecos da SPAWN SERIES 25 (producidos no 2004) e baseados na imaxe de portada do número 22.