Tocalle o turno os pinceles de caligrafía xaponeses, destacando os dos tipos de modelos (normal e pocket) onde destacan por riba dos demais os das marcas Pentel e Pilot.
viernes, enero 29, 2010
novo artigo na sección Lata de Ferramentas
Tocalle o turno os pinceles de caligrafía xaponeses, destacando os dos tipos de modelos (normal e pocket) onde destacan por riba dos demais os das marcas Pentel e Pilot.
autor convidado no I Salón do Cómic de Navarra
Do 8 ao 11 de Abril estarei en Pamplona como autor convidado do I Salón do Cómic de Navarra, a iniciativa levada a cabo pola asociacion Tiza e respaldada polo Goberno de Navarra tera como escenario principal o Palacio do Condestable situado no casco histórico de Pamplona.
Ali, ademais dunha pequena mostra individual, comentaremos e debatiremos sobre o éxito do noso proxecto editorial e a situación da banda deseñada en xeral. Eso sí, ben acompañado por outros autores da talla de Quino (onde poderase contemplar unha exposición de mais de un centenar de pezas recen traida do Instituto Cervantes de Tokio), Alan Grant, Howard Chaykin, Pascual Ferry, Ibañez, Horacio Altuna, Victoria Francés ou Charlie Christensen.
Na imaxe de arriba o cartel de Chaykin para o evento.
lunes, enero 25, 2010
Spirou, Fantasio e Skip falarán galego

Cerditos de Guinea Comics, tralo acordo coa editorial francesa Dupuis, publicará en galego o álbum "Spirou in New York".
Spirou e Fantasio foi creada por Rob-vel no 1938 para a revista le journal de spirou, o personaxe (que significa esquío en belga) foi mercado por Dupuis no 1943 e é dos pouquísimos casos onde os dereitos non pertencen ao autor. o debuxante Jijé creou un par de anos despois a Fantasio, pero sería o belga André Franquin o que convertería a serie nun produto de culto durante os 24 álbums nos que traballou, onde creou o marsupilami, do que mantería os dereitos para utilizalos na súa propia serie.
Pero Franquin decidiu deixar a serie para traballar no seu outro personaxe de éxito, Tomás o gafe, polo que a serie pasou unha época de transición na que traballaron varios artistas sen encotrar o seu sitio. a mediados dos 80, o equipo formado por Tome e Janry fíxose cargo da serie, dándolle estabilidade e un bo resultado de vendas, incluso facén-dose cargo do spin-off o pequeno Spirou.

"Spirou in New York" pertence a epoca de Tome e Janry e será editado no noso formato e prezo habitual.
domingo, enero 17, 2010
a mesa de luz únese a lata de ferramentas
Xa está subido o artigo sobre a mesa de luz na sección sobre a nosa sección sobre materiais.
(neste caso centrado na ARTYPRO B4.)
(neste caso centrado na ARTYPRO B4.)
miércoles, diciembre 16, 2009
o manual de emerxencia de banda deseñada

Despois de moito traballo xa temos listo, e colgado na web para a súa descarga, a nosa primeira publicación didáctica e dixital: o Manual de emerxencia de banda deseñada. Arriba aparecen de mostra 6 das 48 páxinas nas que poderás atopar resposta ás tuas dudas básicas sobre o mundo da BD. O manual e de libre distribución e usarase na nosa campaña de obradoiros 2010. Podes descargalo da parte esquerda da nosa paxina principal (http://www.cerditosdeguinea.com/) ou tamén pinchando aquí.
A publicación divídese en catro seccións:
01.Estudo de mercado
Onde veremos os principais produtores de banda deseñada: o cómic estadounidense, o manga xaponés e a BD franco-belga. Repasaremos a historia e características de cada un deles, ao igual que as súas principais figuras.
02.Proceso de creación
Trataremos os pasos que se deben seguir no proceso de creación dunha banda deseñada, dende a idea principal ata o proceso de produción da obra.
03.Recursos gráficos
Nesta sección analizaremos todos os recursos que ofrece a banda deseñada á hora de crear unha obra.
04.Materiais
Analizaremos os utensilios básicos recollendo a información do noso blog especializado Lata de ferramentas.
(http://latadeferramentas.blogspot.com/)

Esperemos que sexa de voso agrado e interes.
miércoles, diciembre 02, 2009
máis obradoiros para decembro
Pois voltamos a Fene, á biblioteca pública municipal Xosé María Pérez Parallé, co obradoiro de banda deseñada nas seguintes datas:
09/12/09 de 17:00 a 20:00
11/12/09 de 17:00 a 20:00
16/12/09 de 17:00 a 20:00
18/12/09 de 17:00 a 20:00
Ademáis en breve teremos unha importante novidade a cerca do noso programa de obradoiros para o 2010. Estade atentos.

viernes, noviembre 20, 2009
descarga o noso programa de obradoiros
Xa temos dispoñible na nosa web principal (www.cerditosdeguinea.com) o programa de obradoiros de Cerditos de Guinea, que tamén podes descargar picando aquí.
Doutra banda sumamos a lista o obradoiro exprés de banda deseñada que impartiremos o próximo 22/12/09 no Concello de Xermade (Lugo) de 18:00 a 20:00 na biblioteca pública municipal.
Doutra banda sumamos a lista o obradoiro exprés de banda deseñada que impartiremos o próximo 22/12/09 no Concello de Xermade (Lugo) de 18:00 a 20:00 na biblioteca pública municipal.
jueves, noviembre 05, 2009
outro artigo máis na Lata de Ferramentas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)